Solucións

INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS

En comunidades, domicilios particulares, comercios Elocales, empresas e institucións

Partimos dunha análise de necesidades para poderen abordar despois o deseño do proxecto, o seu desenvolvemento e a súa execución. Contamos con todos os medios precisos para dar solucións a calquera sector.

Na industria

Execución de calquera tipo de instalación no ámbito industrial. Tamén somos cuadristas. Realizamos traballos en industrias de todo tipo con especial interese no sector da lousa.

No comercio e a hostelería

Locais comerciais, hostelaría e comercio. Instalacións novas pero tamén actualizacións e ampliacións das existentes mediante cálculo de necesidades e reforma integral no caso de ser preciso. Damos tamén completa cobertura para calquera tipo de avaría ou incidencia que poida precisar o cliente final.

En vivienda

Vivenda unifamiliar, comunidades de propietarios e tamén vivendas individuais en división horizontal. Ofertamos un amplo abano de solucións tanto para obra nova como para reformas e tamén para a solución de avarías, cubrindo así todas as necesidades do sector residencial.

electricista-trabaja-centralita-cable-conexion-electrica_169016-15211

RENOVABLES E AUTOCONSUMO

Instalación de sistemas para a captación e aproveitamento de enerxías renovables a través da solar-fotovoltaica.

Tanto para particulares (en vivendas unifamiliares, solares, terreos…), comunidades de propietarios, empresas. Proporcionamos asesoramento para o modelo de instalación máis axeitado a cada caso, para o seu dimensionamento, legalización e isntalación así como para o mantemento.

As instalacións diferéncianse en dous tipos fundamentais:

  • Autoconsumo (con ou sen excedentes)
  • Illadas

Coa instalación de renovábeis, e coas actuaias flutuacións do sistema eléctrico, contribuímos a un novo modelo enerxético de enerxías limpas e que evitan as grandes redes de distribución enerxética.

Ao tempo, estas instalacións teñen unha serie de vantaxes que van desde:

  • Permite reducir a factura eléctrica, nalgúns casos, até o 75%
  • Protexe de posibles flutuacións no prezo da luz
  • É medioambientalmente máis sustentable, con enerxía limpa libre de emisións de CO2
  • Aumenta o valor da propiedade é mellora a calificación enerxética

En Telvi Electricidade temos xa experiencia acreditada neste campo tanto en asesoramento como proxección, instalación e mantemento. Xestionamos tamén as posibles subvencións que poidan existir no momento.

Panel Solar

AEROTERMIA E CLIMATIZACIÓN

Instalación de sistemas eficientes de climatización tanto para vivendas, industrias ou equipamentos como piscinas ou edificios públicos

A busca de sistemas máis eficientes e menos contaminanes de climatización e calefacción fan que as solucións baseadas en aerotermias e equipos de aire sexan a mellor opción a futuro para dar confortabilidade aos espazos sen a necesidade de facer grandes gastos en combustibles de distintos tipos.

No día de hoxe os sistemas de climatización aumentaron de forma considerable a súa eficiencia e as súas ratios de consumo son moito menores que as de outros modelos de calefacción e frío.

En Telvi Electricidade temos unha ampla experiencia neste apartado e o noso traballo contempla desde o dimensionamento do proxecto até a instalación completa e o mantemento.

CLIMATIZACION

VEHÍCULO ELÉCTRICO

Instalación de puntos de recarga en garaxes e zonas comúns así como en vivendas unifamiliares

Realizamos os traballos cumprindo coa normativa en vigor REBT / ITC 58. Estudamos, deseñamos, executamos e validamos legalmente o punto de recarga.

VEHÍCULO ELECTRICO

MANTEMENTO INDUSTRIAL E AUTOMATIZACIÓNS

Solucións para a industria en mantemento, seguridade e automatización

Somos cuadristas e instaladores finais. Nas nosas instalacións construímos calquera tipo de cadro eléctrico que posteriormente se trasladará á súa ubicación definitiva para que o noso persoal de montaxe finalice o proxecto completo.

Tamén desenvolvemos todas as fases dun bo mantemento industrial avanzado.

Preditivo: detectando posibles fallos de maquinaria ou instalacións. Así pódese reducir costes na detección de fallos ou erros antes de que aconteza.

Correctivo: Destinado á conservación de equipos e instalacións mediante revisións e reparacións. Subsanamos todo tipo de avarías e defectosnas instalacións.

Preventivo: destinado á conservación das instalacións mediante revisións e/ou reparacións para garantir o seu correcto funcionamento. O obxectivo principal é evitaren calquera fallo antes de que ocorra.

MANTENIMIENTO INDUSTRIAL

DOMÓTICA E SISTEMAS DE SEGURIDADE

CCTV e sistemas de control intelixente do fogar ou negocio

Integramos solucións integrais na vivenda que permiten ao usuario controlar elementos como a calefaccións, automatismos de persianas, consumos eléctricos, seguridade… garantizando un maior confort e unha integración completa do fogar dixital.

Controla a túa vivenda desde o teu smartphone

Todas as solucións que implantamos no ámbito da domótica poden controlarse monitorizarse desde o teléfono intelixente. Funcións como o control da temperatura, control de persianas, control de presenza, xestión de alarmas… Na palma da túa man

DOMOTICA E SEGURIDAD

TELECOMUNICACIÓNS

Todo tipo de solucións no ámbito das telecomunicacións

Tanto en nova construción como en reformas, mantementos e avarías. Estamos especializados na instalación e reparación de sistemas de recepción de sinal para televisión; tanto para Televisión Dixital Terrestre (TDT) como para Televisión vía Satálite (SAT) mediante parabólica.

Tamén instalamos, mantemos e reparamos porteiros e videoporteiros automáticos.

PORTERO AUTOMATICO